A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe á estrea do documental realizado por beneficiarios desta iniciativa

A Xunta apoia o proxecto Bastidores a través do programa Iniciativa Xove

Esta iniciativa permite financiar proxectos realizados por asociacións ou grupos xuvenís

Carballo (A Coruña), 14 de outubro de 2023

A Xunta apoia o proxecto Bastidores a través o programa Iniciativa Xove. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe á estrea deste documental que fala da Olería de Buño a través das miradas dos propios artesáns e que foi realizado por un grupo de mozos e mozas beneficiarios desta iniciativa do Goberno galego.

O programa Iniciativa Xove permite ofrecer financiamento para que asociacións e grupos xuvenís poñan en marcha proxectos en distinto sectores. Destínase a este fin 400.000 euros e cada entidade pode optar a unha axuda de ata 5.000 euros. A directora xeral destacou que mediante o Iniciativa Xove, procúrase darlle á mocidade o apoio económico necesario para facer realidade os seus proxectos e iniciativas.

A estrea deste documental tivo lugar esta tarde no Casino de Carballo. Ademais da proxección do proxecto, realizouse un breve coloquio por parte dos creadores do documental.

Data de actualización: 14/10/2023