O vicepresidente primeiro, Diego Calvo, reúnese cos alcaldes de Rianxo, As Nogais e Sober

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023   O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe encontros de traballo cos alcaldes de Rianxo, Julián Bustelo; As Nogais, Jesús Núñez, e Sober, Luis Fernández Guitián, para coñecer de primeira man as necesidades destes concellos e avaliar posibles vías de colaboración a través das que apoiar desde a Xunta a execución dos seus proxectos.

O Goberno galego mantén un firme compromiso coas entidades locais e grazas a esta cooperación só neste 2023 se destinan máis de 27 millóns de euros ao impulso de 600 iniciativas destinadas á mellora das infraestruturas e servizos municipais. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/10/2023