Arias destaca que a Xunta traballa nos recursos e na prevención da saúde mental desde idades temperás

Lugo, 10 de outubro de 2023

Con motivo do Día da Saúde Mental, o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro de día da Xunta que xestiona a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer (Afalu) en Lugo, onde gabou o labor que desenvolven as entidades sociais no desenvolvemento de programas e recursos para os doentes e as súas familias.

Arias explicou que o Goberno galego ten en marcha o Plan de saúde mental posCOVID-19 para o período 2020-2024, co obxectivo de mellorar a asistencia aos trastornos mentais e diminuír o impacto que producen tanto nas persoas afectadas como na súa contorna familiar e social. Destacou que se traballa especialmente no ámbito da prevención desde idades temperás, con plans específicos para a infancia e a adolescencia.

No que respecta ao incremento de recursos, lembrou que proximamente unificaranse os servizos de saúde mental nunha área con máis de 20 consultas no novo Centro Integral de Saúde, “nunhas instalacións modernas e confortables que contribuirán a mellorar a atención que reciben os usuarios”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/10/2023