A iniciativa da Xunta “Mercar no teu comercio ten premio” dinamiza os negocios coruñeses

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu hoxe ao sorteo de premios da campaña impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio da Coruña e a Asociación Comercial Zona Obelisco

A Coruña, 6 de outubro de 2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na Coruña no sorteo de premios da campaña Mercar no teu comercio ten premio, unha iniciativa de dinamización impulsada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, coa colaboración neste caso da Federación de Comercio da Coruña e a Asociación Comercial Zona Obelisco.

A campaña repartiu en total 1.000€ en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio local entre os clientes que mercaron nos establecementos participantes desde o pasado 29 de setembro e cambiaron os seus tíckets de compra por boletos de participación.

Mercar no teu comercio ten premio busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade a iniciativa, que comezou o pasado mes de xullo, chegará ata novembro a un total de 35 localidades galegas, sete delas na provincia da Coruña.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2023