A Casa de Galicia en Madrid foi punto de encontro entre empresarios de Panamá e a comunidade galega nun acto organizado por Aegama

Madrid, 6 de outubro de 2023

Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, deu a benvida a Julio Lage, presidente de AEGAMA e organizador do encontro con PROPANAMA, cuxa misión é desenvolver e implementar estratexias para a atracción de investimentos e a promoción de exportacións.

Os socios de AEGAMA puideron coñecer con este relatorio as oportunidades de investimento no país suramericano, e pola súa banda, os empresarios galegos animaron tamén, aos representantes panameños a investir en Galicia.

Interviñeron ademais, Isabel Noriega, CEO de ISKAMA; Diego Ortiz de Zevallos, Sub administrador de PROPANAMA; e Maritza Cedeño, Presidente do Colexio Nacional de Avogados de Panamá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2023