Comesaña salienta o labor da academia médico-cirúrxica de Ourense a prol de mellorar a práctica médica no ámbito sanitario galego

Así o destacou o responsable da Sanidade galega, durante o acto inaugural do curso académico 2023-2024, no que puxo en valor a longa traxectoria desta asociación científica como lugar de xeración de coñecemento

Ourense, 5 de outubro de 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou esta tarde na sesión inaugural do Curso Académico 2023-2024 da Academia Médico-Cirúrxica de Ourense, un encontro no que destacou o labor desta asociación científica no seu afán por mellorar a práctica clínica no ámbito sanitario galego.

O titular da carteira sanitaria da Xunta puxo en valor a longa traxectoria desta entidade, ao tempo que incidiu no seu valor como lugar de xeración de coñecemento.

Nesta liña, destacou a traxectoria dos seus académicos, e avogou por continuar a afondar nos eidos da investigación, a innovación, a docencia e o labor asistencial, co obxectivo de acadar a excelencia sanitaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/10/2023