Rueda recibe o equipo do filme ’O Corno’, gañador da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián
2023-10-04
/documents/35297/43432/231004_Pte_Cult_OCorno_DCS-5.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, recibiu hoxe o equipo do filme O Corno, gañador da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián e primeira produción audiovisual galega que recibe este galardón.
O titular do Executivo galego felicitou a todo o equipo polo seu talento e polo seu compromiso coa cultura feita desde Galicia e en galego; e puxo en valor que o seu éxito supón tamén un fito fundamental para todo o cinema galego no seu conxunto.
Data de actualización: 04/10/2023