Dúas novas exposicións pódense visitar desde onte na Casa de Galicia en Madrid: “Os meus novos abstractos”, de Jesús Vázquez, e “Personaxes”, de Carmen Prado

Madrid, 4 de outubro de 2023 O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, deu a benvida a Carmen Prado e a Jesús Vázquez que presentaron a súa obra pictórica, “Personaxes” e “Os meus novos abstractos”, respectivamente.

A pintora autodidacta Carmen Prado inaugurou tempada outonal de exposicións a visitar na Casa de Galicia. “Pinto por afección e por pura intuición, e encontro na pintura unha forma elemental de expresarme”, dixo a pintora que pretende coa súa obra adentrarnos no seu mundo persoal.

A forma e a composición son o seu cartón de presentación máis clara, con aveludadas mesturas de cor xunto coas súas liñas suaves e sinuosas, que nos convidan a apreciar ese mundo moi seu, rico en ideas, cheo de sentimentos e desbordando esa sensibilidade tan especial coa que nos atrae e nos conquista.

Pola súa banda, para Jesús Vázquez Gallego (artisticamente, Xesús Vázquez) a pintura é unha afección que o acompaña desde os seus primeiros anos no campo do medicamento, “como unha vía de escape á tensión diaria”, dixo durante a presentación. Desde os seus comezos ata a actualidade, apréciase unha marcada evolución na súa obra, que iniciou por paisaxes que lle serviron para familiarizarse cos pinceis; agora explora unha técnica máis abstracta, nunha constante evolución en procura de novidades e desenvolvemento artístico e persoal. As xeometrías expresionistas de Xesús Vázquez reinterpretan as formas desde unha óptica onde a cor e a textura son os protagonistas.

As exposicións poderán visitarse na sala Emilio Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro, da Casa de Galicia en Madrid ata o próximo 31 de outubro, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/10/2023