O presidente de Portos de Galicia respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo

A Xunta de Galicia presentará ao sector portuario de Rianxo un proxecto de remodelación e ampliación das prazas de amarre para a frota profesional

José Antonio Álvarez informou de que a proposta pretende ser consensuada coa flota pesqueira e bateeir

 

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta tarde a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación coa mellora da operatividade no porto de Rianxo. Álvarez Vidal informou de que o ente público ten prevista para os vindeiros días a presentación ao sector portuario rianxeiro da proposta técnica na que se veu traballando nos últimos meses para ampliar o número de prazas de amarre existentes e dar resposta á demanda da frota actual.

O presidente de Portos remarcou que desde o ente público se están a analizar desde hai meses varias alternativas técnicas para ampliar as instalacións a área de amarres de Rianxo. Inicialmente, estas alternativas estiveron baseadas no cambio de localización das instalacións náutico-recreativas, que estaba a tramitar o club náutico. Ante o desestimento desta entidade sobre este traslado, os servizos técnicos de Portos de Galicia remodelaron a proposta, adaptándoa á configuración actual do porto.

Finalmente, Álvarez Vidal subliñou que o proxecto de mellora da operatividade e ampliación do número de prazas de amarre para os máis de 100 usuarios desta instalación foi elaborado en coordinación co sector profesional rianxeiro, tendo en conta as necesidades das frotas pesqueira e bateeira, consultadas de xeito recorrente.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 03/10/2023