Galicia pechou o mes de xullo como a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 12,49 días, trece días por debaixo da media autonómica, que foi de 25,59 días
Santiago de Compostela, 2 outubro de 2023 Galicia pechou o mes de xullo como a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 12,49 días, trece días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 25,59. Ademais, tamén se situou 17,51 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.
En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse ao peche do primeiro semestre no 0,12 %, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,30 %. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 4.237,3 millóns de euros, dos que 93 millóns – o 2,19 %- corresponden a Galicia.
Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2023 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
Período Medio de Pago – Xullo de 2023 (CCAA réxime foral) | ||||
Galicia | 12,49 | A Rioxa | 25,92 | |
Extremadura | 13,45 | Castela-A Mancha | 27,02 | |
Andalucía | 18,18 | Comunidade Valenciana | 27,05 | |
Cantabria | 18,87 | Baleares | 27,60 | |
Canarias | 20,48 | Madrid | 28,15 | |
Pais Vasco* | 21,54 | Aragón | 28,22 | |
Murcia | 22,43 | Navarra* | 28,33 | |
TOTAL CC.AA. | 25,59 | Cataluña | 31,15 | |
Castela e León | 25,76 | Asturias | 37,94 |