A delegada territorial da Xunta participa en Ferrol nos actos conmemorativos do Día da Policía

Ferrol, 2 de outubro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nos actos institucionais con motivo da celebración do Día da Policía organizados pola comisaría Ferrol-Narón.

Durante a celebración, que tivo lugar no centro cultural Torrente Ballester, Aneiros impuxo unha das medallas aos axentes condecorados con motivo da ocasión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2023