A Xunta pon en valor a calidade asistencial do centro de día de atención a menores de Aldeas Infantís en Vigo

Vigo, 27 de setembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de día de atención a menores de Aldeas Infantís en Vigo. Durante o seu percorrido, puxo en valor a calidade asistencial que nestas instalacións se presta a nenos que se atopan dentro do sistema de protección autonómico.

Jacobo Rey lembrou que estes centro axudan a previr e actuar ante casos de desprotección de menores.  En concreto, ponse á súa disposición ferramentas de apoio socioeducativo e psicolóxico para actuar ante posibles situacións de desigualdade. O director xeral destacou tamén a traxectoria de Aldeas Infantís na protección da infancia e na loita pola igualdade de oportunidades.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/09/2023