A Xunta apoia os proxectos da Asociación Clean Energy Ship da Universidade de Vigo no marco do programa Iniciativa Xove

Vigo, 27 de setembro de 2023 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe á presentación do barco Boeiro I impulsado pola Asociación Clean Energy Ship, integrada por alumnado de diferentes graos da Universidade de Vigo. Esta iniciativa foi unha das beneficiadas dentro do programa da Xunta de Galicia Iniciativa Xove e consiste nunha embarcación que funciona con enerxía solar.

O Goberno galego ofrece mediante o programa financiamento para que asociacións e grupos xuvenís poñan en marcha proxectos en distinto sectores. Destínase a este fin 400.000 euros e cada entidade pode optar a unha axuda de ata 5.000 euros. A directora xeral destacou que mediante o Iniciativa Xove, procúrase darlle á mocidade o apoio económico necesario para facer realidade os seus proxectos e iniciativas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/09/2023