A delegada territorial da Xunta en Ferrol aborda co alcalde de Ortigueira as necesidades do municipio

Ferrol, 27 de setembro de 2023 Dentro da rolda de contactos que a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, ven mantendo cos alcaldes das tres comarcas, esta mañá mantivo unha reunión de traballo co rexedor de Ortigueira, Valentín Calvín.

Durante o encontro, ambos responsables analizaron as principais demandas e necesidades do municipio vinculadas ao ámbito educativo e relativas ás infraestruturas viarias e deportivas.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/09/2023