Ana Ortiz salienta a regata inclusiva “Vigo a vela” como vía para achegar o mar ás persoas con discapacidade

Ana Ortiz salienta a regata inclusiva “Vigo a vela” como vía para achegar o mar ás persoas con discapacidade

Vigo, 26 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este martes o labor que realiza a II Regata Inclusiva “Vigo a Vela” para achegar o mar ás persoas con discapacidade. Así o fixo durante a presentación da segunda edición da proba que se celebrará o vindeiro 8 de outubro con preto dun centenar de participantes.

 

Contamos cunha xoia ao noso alcance, o noso mar, a nosa marabillosa ría, e debemos conseguir que sexa un lugar no que todos gocemos, sen ningún tipo de exclusións”, sinalou Ana Ortiz durante a súa intervención.

 

A representante autonómica destacou o apoio da Xunta de Galicia á II Regata Inclusiva, unha iniciativa que forma parte da Política de Responsabilidade Social Corporativa das consultoras Mundinova e QualityNova e que naceu co firme obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a plena inclusión das persoas con discapacidade a través do deporte.

 

A regata celebrarase o vindeiro 8 de outubro na ría de Vigo cun percorrido a vela no que participarán preto de 100 persoas con diferentes discapacidades. Na presentación da proba, ademáis da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, participaron Diego Maraña, CEO de Mundinova; José Antonio Portela, presidente do Real Club Náutico de Vigo; Laura Moya, socia fundadora de Sailway; e Pedro Sánchez e Germán Sierra, membros da xunta directiva de Asdegal.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2023