A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos nos concellos de Padrón e de Rois

Estes traballos están levándose a cabo en dous treitos interurbanos do río Sar, no río Santa Cecia, e nun río innominado, nunha lonxitude de máis de 8,6 km

Estas intervencións enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos
 

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza en dous treitos interurbanos do río Sar, no río Santa Cecia, e nun río innominado ao seu paso polos concellos de Padrón e de Rois.

 

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial significativo de inundacións.

 

As actuacións que se están a desenvolver nestes ríos suman unha lonxitude total de máis de 8,6 quilómetros, nos seus percorridos por distintos lugares destes dous municipios.

 

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

 

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

 

Estas intervencións da Xunta contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e o uso social na contorna dos ríos.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2023