Un total de 45 alumnos de ensinanzas artísticas da Xunta obteñen as axudas ERASMUS +

O obxectivo da Consellería de Educación é seguir impulsando a mobilidade deste alumnado para enriquecer a súa formación

A contía mensual oscila entre os 125 e os 195 euros ao mes en función dos países de destino

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2023

Un total de 45 estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos do Programa comunitario Erasmus+ obteñen as axudas complementarias da Xunta de Galicia. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución destas bolsas, ás que a Xunta destina 40.000€, e que teñen como obxectivo seguir impulsando a mobilidade destes estudantes para enriquecer a súa formación. A relación de estudantes beneficiados por centros pódese consultar na seguinte táboa:

Provincia
Concello

Centro educativo

Número de beneficiados

A Coruña
A Coruña
Conservatorio Superior de Música da Coruña
6
A Coruña
A Coruña
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
5
A Coruña

Santiago de Compostela

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
6
Lugo
Lugo
Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón
3
Ourense
Ourense
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde
7
Pontevedra
Vigo
Conservatorio Superior de Música de Vigo
9
Pontevedra
Vigo
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
7
Pontevedra
Pontevedra

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

2

As contías das axudas complementarias oscilan entre os 125 e os 195 euros/mes (que se suman ás axudas europeas), en función do país de destino, durante a estadía que pode durar entre dous e nove meses. En concreto, o importe é de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía).

Para solicitar a bolsa os estudantes debían estar matriculados en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel 2 do Marco Español de Cualificación para a Educación Superior) no curso 2022/2023 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores de Galicia e ser beneficiarios dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade no mesmo ano académico.

 

Data de actualización: 23/09/2023