A Xunta modificará desde o vindeiro xoves horarios nos servizos de autobús entre Tui e Vigo para atender axeitadamente o aumento da demanda

Esta solución dará resposta ao aumento de usuarios nesta liña, coincidindo co inicio do curso escolar

O servizo que sae da Guarda ás 08,00 horas, pasará a saír ás 07,10 horas para chegar a Vigo ás 08,55 horas

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade modificará desde o vindeiro xoves, día 28 de setembro, horarios nos servizos de autobús entre Tui e Vigo para atender axeitadamente o aumento de usuarios rexistrados.

Concretamente, adiantarase o horario de saída da liña A Guarda-Tabagón-Goián-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Vigo estación intermodal.

Este servizo, que sae actualmente ás 08,00 horas da Guarda e pasa por Tui ás 08,45 horas, adiantarase ás 07,10 horas, pasando por Tui ás 07,55 horas e con chegada á estación intermodal de Vigo ás 08,55 horas.

Esta viaxe contará coas seguintes paradas intermedias entre Tui e a estación de autobuses intermodal de Vigo: Tui (magnolia), Rebordáns, Guillarei (cruce), Guillarei (casa oficios), Empalme de Guillarei, Cerquido (bar Antoxo), Cerquido, Empalme Cerquido, Empalme de Casal (Budiño), Rocha (Atios), Porriño (A Guia), Porriño (Instalauto), Porriño (Xulgado), Ponte Galo (Avda.de Galicia), Puxeiros, Meixoeiro (instituto), Meixoeiro (hospital), Vigo (Avd.Madrid), Vigo estación intermodal. As paradas intermedias permiten ampliar as alternativas de viaxe dos estudantes que se desprazan cara a Vigo.

Co adianto de 50 minutos trátase de dar resposta ao incremento da demanda na conexión entre Tui e Vigo derivada do inicio do curso escolar, atendendo ao tempo a cuestións organizativas dos servizos de transporte público interurbano de competencia autonómica. A Xunta destaca a disposición e colaboración da empresa operadora para dar resposta ás necesidades globais de mobilidade da cidadanía.

A información relativa aos novos horarios polas respectivas paradas, así como tamén aos servizos dispoñibles pódese consultar na páxina web www.bus.gal.

Data de actualización: 22/09/2023