A Xunta remata a mellora do acceso á capela do Carme en Cuspedriños, na estrada PO-232, en Cerdedo-Cotobade

A intervención, cun investimento de 48.000€, incluíu a construción dun treito de senda e o acondicionamento do acceso á capela, na parroquia de San Xurxo de Sacos

As obras consistiron na mellora da accesibilidade nos treitos anterior e posterior á capela e na dotación dunha pavimentación na súa fachada e na zona lateral

Para mellorar a drenaxe da estrada neste punto, reconstruíuse a cuneta e conectouse coa rede de recollida de augas pluviais mediante unha canalización
 

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2023


A Xunta vén de rematar as obras de mellora do acceso peonil á capela do Carme en Cuspedriños, na estrada PO-232, en Cerdedo-Cotobade.

Esta intervención, cun investimento de 48.000 euros, incluíu a construción dun treito de senda e o acondicionamento do acceso peonil á capela, situada no punto quilométrico 7+240 da estrada PO-232, na parroquia de San Xurxo de Sacos. 

As obras consistiron na mellora da accesibilidade nos treitos anterior e posterior á capela e na dotación dunha pavimentación na súa fachada e na zona lateral con enlousado de pedra. 

Tamén se repuxo o itinerario peonil existente cunha nova pavimentación de formigón, mellorando o acceso para as diversas entradas das fincas limítrofes coa estrada e continuando co itinerario peonil á dereita da fonte, para o cal se demoleu a cuneta e se acometeu a senda co mesmo acabado de formigón. 

Para mellorar a drenaxe da estrada neste punto, reconstruíuse a cuneta e conectouse coa rede de recollida de augas pluviais mediante unha canalización con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/09/2023