O presidente da Xunta reuniuse con Nicolas Schmit en Santiago de Compostela
Rueda recibe ao comisario europeo de Emprego e Dereitos Sociais para analizar os avances e retos de Galicia nestas materias
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co comisario de Emprego e Dereitos Sociais da Unión Europea, Nicolas Schmit, na que analizaron os avances e retos de Galicia en materia de emprego e política social e avaliaron os desafíos que debe afrontar Europa neste eidos para os vindeiros anos.
No encontro, no que tamén participaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o mandatario autonómico salientou o compromiso da Xunta en mellorar a inserción laboral da poboación, especialmente dos colectivos máis vulnerables, así como de promover o emprendemento na comunidade.