A directora xeral de Xuventude inaugura a xornada de voluntariado tecnolóxico VolunTIC

O evento contou con mesas redondas onde se compartiron experiencias de cibervoluntariado e o seu impacto positivo na transformación social de Galicia

A Coruña, 20 de setembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na inauguración de VolunTIC, unha xornada de formación e divulgación do voluntariado tecnolóxico no medio rural de Galicia.

O evento, que tivo lugar na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña, foi organizado pola Fundación Cibervoluntarios, que desenvolve un proxecto en Galicia ao abeiro das axudas do 0,7% do IRPF convocadas desde a Consellería de Política Social e Xuventude. O programa incluíu mesas redondas sobre cibervoluntariado onde se compartiron historias inspiradoras de cooperación para a transformación social en Galicia.

Data de actualización: 20/09/2023