A Xunta galardoa 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato do curso 2022/23

Estes premios, que cada ano outorga a Consellería de Educación, teñen como obxectivo recoñecer os méritos académicos baseados no esforzo e o traballo

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

A Xunta de Galicia vén de facer público os galardoados cos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2022/23, un total de 20 estudantes aos que se lles recoñece os méritos excepcionais polo excelente resultado académico acadado baseado no esforzo e no traballo realizado ao longo da etapa, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

Trátase de nove estudantes de centros educativos da provincia da Coruña, catro da de Lugo, dous da de Ourense e cinco da de Pontevedra. Cada un deles recibirá 1.000 euros ademais dun diploma acreditativo, e a distinción será anotada no seu expediente académico.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca cada ano este galardón co fin de recoñecer o esforzo, traballo e aproveitamento académico dos estudantes que rematan a etapa de Bacharelato nun centro docente da Comunidade, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que obtivesen unha nota media do Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

Ademais, os galardoados tiveron que superar unha proba específica estruturada en dúas partes. A primeira delas consistiu nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, e en responder cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do Bacharelato.

A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II.

Listado de premiados:

 
Provincia
Concello
Centro
Nome do alumno
A Coruña
A Coruña
IES Plurilingüe Elviña
Álvarez Guillemet, Fernando Javier
A Coruña
A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Davó Fernández, Sol
A Coruña
A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Díaz López, Paula
A Coruña
Carballo
IES Monte Neme
Pena Vázquez, Xurxo
A Coruña
Culleredo
CPR Plurilingüe Montespiño
Pascual Sanderson, Eliana
A Coruña
Ribeira
IES Nº 1
Cerviño Portela, Lu
A Coruña
Santiago
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Armesto Méndez, Irene
A Coruña
Santiago de Compostela
CPR Plurilingüe La Salle
Alamancos Balboa, Manuel
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Tajuelo Arenas, Jacobo
Lugo
Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes
Huéscar Vale, Jorge
Lugo
Lugo
IES Xoán Montes
Corredoira Coira, Pilar
Lugo
Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey
Dorribo González, Iker
Lugo
Ortigueira
IES de Ortigueira
Rodríguez Rodríguez, María
Ourense
Ourense
IES As Lagoas
Carballude González, Héctor
Ourense
Ourense
IES Eduardo Blanco Amor
Pérez Quintana, Sabela
Pontevedra
Cangas
IES María Soliño
Suárez Cordero, Xabier
Pontevedra
Poio
CPR Sek-Atlántico

Aguión Rodríguez, Sabela

Pontevedra
Ponteareas
IES do Barral
Taboas Pazo, Sebastian
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Mariano
González Herreros, Fernando
Pontevedra
Vigo
IES do Castro
González Batán, María

Data de actualización: 20/09/2023