A Xunta celebra unha xuntanza de coordinación para que as axudas autonómicas ao emprendemento e innovación cheguen aos galegos a través dos polos

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023 O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Emprendemento, Margarita Ardao, participaron hoxe nun encontro de coordinación entre  técnicos da Rede de polos de emprendemento e representantes da Axencia Galega de Innovación (Gain) co obxectivo de establecer mecanismos de coordinación para poñer a dispor dos galegos todas as axudas autonómicas en materia de emprendemento e innovación a través destes centros.

Fernández puxo en valor no encontro a necesidade de que o tecido empresarial galego, especialmente as persoas que se están a iniciar no emprendemento, poidan dispor de información completa acerca das axudas ás que poden optar tanto para a posta en marcha da súa idea de negocio como no eido da innovación. Quixo destacar a utilidade de xuntanzas internas como a de hoxe, que evidencian a aposta transversal que a Xunta está a desenvolver en favor dun crecemento económico sustentable que xere emprego estable e de proximidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/09/2023