A Xunta destaca o labor dos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia

Lalín (Pontevedra), 19 de setembro de 2023 O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu este mediodía en Lalín á asemblea da asociación de grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia.

Neste acto, o conselleiro salientou o importante papel que desempeñan os 24 GDR galegos en ámbitos como a xestión dos fondos Leader así como, en xeral, a súa contribución á dinamización do agro na nosa comunidade. Nesta reunión tamén se estudaron as propostas e suxestións dos GDR á Consellería do Medio Rural para o Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2023