A Xunta e a Comunidade de Propietarios do Polígono de Bergondo exploran posibles vías de colaboración

A Coruña, 18 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa comunidade de propietarios do polígono de Bergondo para explorar posibles vías de colaboración que permitan impulsar a competitividade empresarial.

O polígono de Bergondo conta con preto de 300 empresas instaladas que empregan a un total de 4.000 persoas traballadoras, polo que a conselleira incidiu na importancia de que esta importante infraestrutura ofreza aos seus usuarios os mellores servizos posibles e se adapte ás necesidades actuais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2023