A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, inaugurou as xornadas de formación con persoal que presta este servizo

A Xunta leva atención temperá a nenos de ata 6 anos de máis de 200 concellos de toda Galicia

O Goberno galego destina a esta rede de atención temperá 7,3 millóns de euros anuais, tanto a través de unidades municipais, como dos catro centros da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

As xornadas acolleron a profesionais dos servizos comunitarios e da AGAT e están dirixidas a asesorar aos colectivos na atención e na solicitude de axudas

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, inaugurou as xornadas de formación dirixidas a persoal técnico da rede galega de atención temperá esta mañá no Cegadi. Durante a súa intervención, lembrou que o Goberno galego leva este servizo a nenos de ata 6 anos de máis de 200 municipios de toda Galicia.

Este encontro sirve para que profesionais dos servizos comunitarios e da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) reciba asesoramento para a atención e na solicitude de axudas. O Goberno galego destina anualmente 7,3 millóns de euros na posta en marcha destas unidades repartidas por toda Galicia, tanto ás de titularidade municipal, como aos catro centros cos que conta a entidade.

Nestes momentos, están en funcionamento máis de 40 centros que dan cobertura a 200 concellos e atenden a máis de 5000 nenos. No ano 2009 tan só existían na nosa Comunidade dúas unidades que prestaban atención a quince municipios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2023