Un grupo de usuarios de centros de atención á discapacidade da Xunta saen a navegar da man do Monte Real Club de iates de Baiona

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo hoxe cos participantes nesta actividade, procedentes dos CAPD da Coruña e Redondela

Baiona (Pontevedra), 14 de setembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe a importancia que ten o deporte adaptado para facer novas compañías e amigos, así como para a saúde, autonomía e desenvolvemento persoal. Fíxoo nas instalación do Monte Real Club de Iates de Baiona, onde recibiu a usuarios e monitores dos centros de atención á discapacidade (CAPD) da Coruña e Redondela que participaron no programa ‘Amar o mar’.

A directora xeral explicou que a través desta actividade, os participantes teñen a oportunidade de ter, para moitos deles, un primeiro contacto co mundo mariño, coñecer técnicas de navegación e desfrutar dunha xornada de ocio.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023