O Sergas realiza 208 intervencións de cirurxía robotizada a pacientes con problemas de próstata

O departamento sanitario galego conmemora o Día Europeo da saúde prostática, e sinala que, durante 2022, realizáronse no Sergas 238.988 analíticas para valorar o Antíxeno Prostático Específico (PSA), 7.205 biopsias prostáticas e 3.011 RM prostáticas

Os pacientes con sospeita de cancro de próstata foron atendidos de forma prioritaria nas 2.948 consultas de vía rápida do ano 2022
 

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

Con motivo da celebración mañá do Día Europeo da Saúde Prostática, que se leva a cabo co obxectivo de concienciar aos homes de que visitar ao urólogo de maneira regular é a mellor fórmula para previr as posibles enfermidades asociadas á súa próstata, o Servizo Galego de Saúde sinala que a mortalidade por cancro de próstata segue a ocupar o segundo posto en homes. Dende o pasado ano, o departamento sanitario galego conta cunha Estratexia de xestión do cancro en Galicia propia para os anos 2022-2028. Entre os obxectivos está mellorar a accesibilidade dos pacientes con cáncer de próstata, cunha asistencia rápida e adecuada.

Sinalar que, durante 2022, realizáronse no Sergas 238.988 analíticas para valorar o Antíxeno Prostático Específico (PSA), 7.205 biopsias prostáticas e 3.011 RM prostáticas. Os pacientes con sospeita de cancro de próstata foron atendidos de forma prioritaria nas 2.948 consultas de vía rápida do ano 2022. O tempo medio de espera nestas consultas foi de 8 días. Os pacientes co diagnóstico de hiperplasia benigna de próstata (HBP) que requiriron intervención cirúrxica foron 1.360, e aqueles que tiveron cancro de próstata realizáronselles unhas 1.153 cirurxías.

Xunto ao anterior, o Sergas realizou 208 intervencións de cirurxía robotizada (Da Vinci) a pacientes con problemas de próstata desde o 2021 ata setembro de 2023, (inicio en Galicia desta cirurxía robotizada en xullo de 2021) .

Data de actualización: 14/09/2023