O presidente recibe ás delegacións ministeriais que participan na reunión do Consello de Asuntos Económicos e Financieros da UE que se celebra en Santiago

Rueda destaca a estabilidade política, económica e social que fai de Galicia unha terra puxante e atractiva para investir, vivir e visitar

Asegura que a comunidade ofrece as garantías e certezas que precisan as empresas para desenvolver os seus proxectos

Lembra que Galicia é pioneira en medidas sociais como a gratuidade da educación de 0 a 3 anos en todas as escolas infantís, a conxelación das taxas universitarias ou contar co calendario de vacinación máis competo de España

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a estabilidade política, económica e social de Galicia que converte á comunidade nunha terra puxante e atractiva tanto para visitar como para investir ou desenvolver un proxecto de vida.

 

Durante a recepción ás delegacións ministeriais que participan na reunión do Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da UE que se celebra en Santiago, o titular do Goberno galego resaltou que Galicia ofrece as garantías e certezas que precisan as empresas para desenvolver novos proxectos nun contexto como actual a través dos bos datos económicos e os apoios que ofrece á administración ao tecido empresarial.

Ademais, lembrou que a comunidade tamén resulta un lugar atractivo para vivir con pioneiras medidas a nivel social coma a implantación da gratuidade da educación de 0 a 3 anos en todas as escolas infantís, a conxelación das taxas universitarias desde hai 13 anos, que agora son as máis baixas a nivel nacional ou ao contar co calendario de vacinación máis completo de España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023