A Xunta apoia a XXXVII copa Galicia Senior de baloncesto, que se celebra en Lugo esta fin de semana

Lugo, 14 de setembro de 2023

A Xunta apoia a XXXVII Copa Galicia Senior Masculina de Baloncesto, que se celebrará esta fin de semana no Pazo dos Deportes de Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento, que impulsa a asociación xuvenil Sagrado Corazón coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.

Mañá venres disputaranse as semifinais, a primeira entre o Monbus Obradoiro e o Basquet Coruña, e a segunda entre o Río Breogán e o Club Ourense Baloncesto. O sábado haberá competicións na modalidade 3x3, en distintas categorías e abrirase a Fan Zone, con postos de comida e bebida, sorteos, xogos e música. A final da que sairá o campión da Copa celebrarase o domingo ás 17.15 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023