A Xunta destina case 360.000 € a reforzar o subministro eléctrico da futura ampliación do parque empresarial de Lalín

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

A Xunta de Galicia destinará 358.732,41 euros á execución dos traballos de reforzo e extensión da rede de distribución de enerxía para subministro de electricidade ás parcelas resultantes da urbanización da 4ª fase do parque empresarial de Lalín.

Así foi autorizado esta mañá polo Consello de administración da empresa pública Xestur, promotora da ampliación deste polígono. A Fase IV do parque de Lalín ocupará unha superficie de 313.497,83 metros cadrados e está previsto para a actuación un investimento total de máis de 18 millóns de euros, entre o custo de adquisición de terreos, as obras de urbanización e outros traballos técnicos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023