Lorenzana aborda co Clúster audiovisual o impulso dos fondos europeos á innovación nesta industria

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente do Clúster audiovisual galego, Alfonso Blanco, co obxectivo de coñecer as propostas e suxestións desta entidade, da que forman parte arredor de 50 compañías do ámbito da produción, e que é clave no impulso á competitividade do sector.

Na xuntanza destacáronse as oportunidades que achegan a esta industria os fondos europeos Next Generation, a través dos cales o Clúster Audiovisual Galego conseguiu máis de 440.000 euros para desenvolver iniciativas innovadoras relacionadas coa transcrición e subtitulado, o uso da intelixencia artificial para predicir o éxito, e para unha incubadora de proxectos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/09/2023