Román Rodríguez agradece no consello escolar de Galicia o labor da comunidade educativa para que o inicio de curso transcorra con normalidade

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presidiu hoxe a reunión do Consello Escolar de Galicia, na que agradeceu o labor da comunidade educativa para que o inicio deste curso 2023/24 estea a transcorrer con total normalidade. O titular do departamento educativo da Xunta debullou durante o encontro as liñas mestras da Consellería neste ano académico, que pasan polo apoio ás familias, o impulso á dixitalización do ensino e o reforzo da convivencia. Así mesmo, destacou a consolidación das ensinanzas de FP e o seu salto cualitativo e cuantitativo nos últimos anos.

Román Rodríguez desexou un bo curso e pediu colaboración aos presentes “para que o noso modelo educativo continúe avanzando como sinónimo de calidade e equidade”. O Consello Escolar de Galicia está integrado por representantes de toda a comunidade educativa: profesorado, anpas, sindicatos, Administración local e Universidade, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/09/2023