A delegación territorial da Xunta en Ferrol celebra a súa primeira comisión territorial de coordinación tralo verán

Ferrol, 13 de setembro de 2023

A Delegación Territorial da Xunta en Ferrol celebrou esta mañá unha nova sesión da Comisión Territorial de Coordinación que contou coa participación dos xefes territoriais das distintas consellerías.

Durante a reunión, que estivo presidida pola delegada territorial, Martina Aneiros, fíxose un repaso dos investimentos en marcha que o Executivo autonómico está a impulsar nos 20 concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Así, abordouse o estado das obras do CHUF, o avance dos traballos de mellora da seguridade viaria na AC-862 ou inicio das obras de rehabilitación de dous novos inmobles dentro do programa Rexurbe, entre outras actuacións. Tamén se informou sobre as distintas liñas de axudas cuxas convocatorias teñen o prazo de solicitude aberto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/09/2023