A Xunta participa no nomeamento dos novos membros da Confraría Europea da Vela (CEV) para promover o coidado e a posta en valor dos recursos mariños

O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo participaron no acto solemne que tivo lugar hoxe en Monforte de Lemos.

Monforte de Lemos (Lugo), 13 de setembro de 2023

Monforte de Lemos acolleu o solemne acto de investidura dos 10 novos confrades da Confraría Europea da Vela (CEV) nun acto no que se estiveron presentes o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entre outras autoridades. Os novos membros desta asociación confirmaron o seu compromiso para promover a concienciación da sociedade da importancia do mar desde o punto e vista deportivo, social, ecolóxico e a responsabilidade de preservar os mares, as rías e as augas de interior.

 

A CEV é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como meta a promoción de competicións, concentracións e convivencias dos homes e mulleres vinculados ao mar, dándose a circunstancia de que é a primeira vez que este se celebra en Monforte por ser o seu Gran Mestre e máximo responsable de la Cofradía Europea de la Vela (CEV), Francisco Quiroga, (CEV) natural desta vila.

 

Novos confrades

Os novos membros da CEV son Víctor Vázquez Portomeñe, Mario Alejandro Camaño, Miguel Echevarría, Augusto Manuel Dorrei, Alfonso Pérez, Antonio Portela Pérez, José Manuel Lorenzo, Fernando Ruiz Gálvez e Bernabé Sánchez, todos eles vencellados dun ou outro xeito ao mar, o turismo náutico ou a promoción e coidado destes recursos. E é que a CEV tamén busca crear espazos de estudo e debate sobre a cultura da vela en particular e da marítima en xeral promovendo o aproveitamento dos recursos mariños

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/09/2023