A Xunta reforza os lectorados da rede de centros de estudos galegos coa incorporación de nove docentes

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu estes días no Pazo de San Roque, a sete dos nove lectores de lingua e cultura galegas que inician a súa actividade nos Centros de Estudos Galegos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en Algarve (Portugal), Estremadura (España), Padua (Italia), Berlín (Alemaña), Bangor (Reino Unido), Granada (España), Lisboa (Portugal), Barcelona (España) e Manchester (Reino Unido).

 

A través destes centros e dos seus lectores, a Xunta de Galicia desenvolve accións para favorecer a proxección exterior da lingua galega e de investigación da mesma en diferentes localidades españolas, así como en Alemaña, Brasil, Croacia, Cuba, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia e Suíza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2023