Os hospitais galegos precisan aumentar as reservas dos grupos sanguíneos a positivo e 0 negativo e ADOS solicita a xenerosidade da cidadanía
Os grupos sanguíneos A Positivo e 0 Negativo amosan niveis baixos, polo que é necesario reforzar o chamamento permanente á colaboración nas campañas de doazón de sangue
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial
En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días, diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA | CONCELLOS |
Martes 12 de de setembro | Praza de España (Ferrol), San Pantaleón (Paderne) e Paderne, A Laracha, Gaiteira/ Os Castros (A Coruña), Milladoiro (Ames), Arzúa, Porriño, Navia (Vigo), Ribadeo, Dozón, O Irixo, San Cristovo de Cea. |
Mércores 13 de setembro | Pontedeume, Catro Camiños e Monte Alto (A Coruña), Milladoiro (Ames), Praza Roxa (Santiago), Ferraría (Pontevedra), O Calvario e Valadares (Vigo), Praza Horta do Seminario e Praza Maior (Lugo), Lugo, A Cañiza |
Xoves 14 de setembro | Mugardos,Cambre, Bº Vila Negreira (A Coruña), Area Central (Santiago), Praza Roxa (Santiago), Bueu, Ponteareas, Teis (Vigo), Viveiro, O Posio (Ourense) |
Venres 15 de setembro | Oza dos Rios, Arteixo, Obelisco (A Coruña), Boiro, Lestedo (Boqueixón), Marín, Ponteareas, Teis (Vigo), Lourenza, O Couto (Ourense). |
Sábado 16 de setembro | Neda, Arteixo, Boiro, Marín, Rúa Príncipe (Vigo), Ronda das Fontiñas (Lugo) |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO | HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL | Luns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO | Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
PRAZA PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE | Luns e venres das 8:00 ás 15:00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA | Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.