Trenor destaca que 7 concellos de Bergantiños-Costa da Morte recibirán máis de 337.000€ para a mellora de instalacións e material deportivo

O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron a piscina municipal na que a Xunta investirá máis de 50.000 euros entre o 2023 e 2024 para a reparación de varios elementos neste edificio

Trenor informou que perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito, a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que será publicada nas vindeiras datas

A Laracha (A Coruña), 11 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitou hoxe a piscina municipal para anunciar un investimento de 50.000 euros para levar a cabo a reparación de varios elementos neste edificio. Trenor informou que esta axuda encádrase dentro dunha nova orde de axudas subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. En total na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron 7 os concellos beneficiados algunha das dúas liñas -instalacións ou equipamentos- ou con ambas as dúas por un importe de máis de 337.000 euros,

O importe total destas axudas ascende en Galicia a preto de seis millóns de euros (5.822.492 euros), dos que 3,4 millóns serán sufragados neste 2023 e os 2,4 restantes en 2024. Do orzamento total, 5 millóns de euros van destinados á liña I -instalacións deportivas- e os restantes 800.000 euros á liña II -material deportivo-.

Trenor informou que o importe das subvencións serán o 80% do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña I -instalacións- e 10.000 euros na Liña II -material-. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria.

Perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito (todas elas na liña I de instalacións deportivas), a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que rematou o seu prazo de solicitude o pasado 10 de setembro.

Deste xeito, a Xunta de Galicia sacará neste 2023 tres novas ordes plurianuais para instalacións deportivas. Ademais desta primeira orde para concellos de 6 millóns de euros e a segunda, que terá un orzamento de 2 millóns de euros; tamén cómpre destacar a orde para as instalacións de entidades deportivas cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros (sendo executados neste 2023, 600.000 euros). Con todo, o Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros.

A provincia máis beneficiada por este nova orde foi A Coruña con 87 axudas para 53 concellos;

 

AXUDAS COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

LIÑA I
SOLICITANTE

DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN

ORZAMENTO DA ACTUACIÓN

AXUDA CONCEDIDA 2023

AXUDA CONCEDIDA 2024

TOTAL AXUDA

 CORCUBIÓN

OBRAS DE MELLORA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

61.907,75 €

29.131,31 €

20.394,89 €

49.526,20 €

 DUMBRÍA

MELLORA ACÚSTICA EN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

62.487,59 €

29.404,16 €

20.585,91 €

49.990,07 €

 ZAS

REFORMA DE INSTALAC. DEPORTIVAS EN ZAS. PISTA MULTIDEPORTIVA....

68.508,85 €

29.410,00 €

20.590,00 €

50.000,00 €

 CEE

RENOVACIÓN PISTA ATLETISMO. CAMPO FÚTBOL MUNICIPAL

82.838,49 €

29.410,00 €

20.590,00 €

50.000,00 €

 A LARACHA

ACTUACIÓN REPARACIÓN VARIOS ELEMENTOS PISCINA

133.635,45 €

29.410,00 €

20.590,00 €

50.000,00 €

 VIMIANZO

ACONDICIONAMENTO DE PISTA DE ADESTRAMENTO

48.375,80 €

22.763,72 €

15.936,92 €

38.700,64 €

TOTAL LIÑA I COSTA DA MORTE
 
457.753,93 €
169.529,19 €
118.687,72 €
288.216,91 €
LIÑA II
SOLICITANTE

DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN

ORZAMENTO DA ACTUACIÓN

AXUDA CONCEDIDA 2023

AXUDA CONCEDIDA 2024

TOTAL AXUDA

 CORCUBIÓN

ADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE

11.768,62 €

5.537,84 €

3.877,05 €

9.414,89 €

 ZAS

ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO DEPORTIVO CARDIOVASCULAR PARA XIMNASIO MUNICIPAL

18.148,79 €

5.882,00 €

4.118,00 €

10.000,00 €

 CEE

ADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE

12.454,61 €

5.860,64 €

4.103,05 €

9.963,69 €

 VIMIANZO

MATERIAL DEPORTIVO

9.234,84 €

4.345,55 €

3.042,33 €

7.387,88 €

 PONTECESO

PROTECCIÓN COLUMNAS PAVILLÓNS

2.798,19 €

1.316,72 €

921,84 €

2.238,56 €

 A LARACHA

SUBMINISTRO EQUIPAMENTO MATERIAL PARA XIMNASIO

46.881,19 €

5.882,00 €

4.118,00 €

10.000,00 €

TOTAL LIÑA II COSTA DA MORTE
 
101.286,24 €
28.824,75 €
20.180,27 €
49.005,02 €

TOTAL COSTA DA MORTE

 
559.040,17 €
198.353,94 €
138.867,99 €
337.221,93 €
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/09/2023