A delegada da Xunta destaca o labor dos profesionais sanitarios na presentación da campaña 'Ruta Enfermera'
Ana Ortiz visitou este luns no Farol de Urzaiz o tráiler que chega a Vigo por iniciativa do Consello Xeral de Enfermería para promover a saúde e poñer en valor a profesión
2023-09-11
/documents/35297/43399/20230911+Ruta+Enfermera+Vigo+3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 11 de setembro de 2023
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe na presentación da campaña Ruta Enfermera que chegou este luns ao Farol de Urzaiz para promover a saúde da cidadanía e poñer en valor a profesión. Durante a súa intervención, a representante autonómica destacou o labor que realizan os profesionais sanitarios para fomentar os hábitos saudables entre persoas de todas as idades. O tráiler permanecerá hoxe e mañá en Vigo, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
Data de actualización: 11/09/2023