A Xunta achega máis de 144.000 euros a 8 restaurantes da comarca de Bergantiños-Costa da morte para mellorar as súas instalacións

O delegado da Xunta explicou que con estas obras os aloxamentos poden mellorar a súa competitividade e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes

Fisterra (A Coruña), 07 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe O Semáforo de Fisterra, un dos establecementos beneficiados pola orde de axudas da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a aloxamentos e restaurantes para mellorar as súas instalacións. O representante do Goberno autonómico informou que a Xunta concedeu axudas que suman máis de 144.000 euros a oito establecementos de aloxamento e restauración da comarca de Bergantiños-Costa da Morte , que mobilizaron máis de 335.000 euros, para mellorar as súas instalacións.

Durante a visita, o representante autonómico destacou que “estamos ante un bo exemplo do apoio da Xunta á mellora das infraestruturas dun sextor estratéxico como é o turismo nesta área”.

En total, as subvencións chegan a 8 restaurantes e aloxamentos situados nos concellos Carballo (2), Fisterra (4) e Cee (2).

O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade. As achegas cobren tanto obras de acondicionamento como a adquisición de equipamento ou mobiliario.

A Axencia de Turismo de Galicia contou para esta orde cun total no conxunto da comunidade de 3,5 millóns de euros, divididos en dúas liñas. Por unha banda, achegas para aloxamentos, cun importe de 2,6 millóns de euros, e por outra banda, para restauración con 788.000 euros.

ALOXAMENTOS
 
NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO
OBXECTO
GASTO SUBVENCIONABLE
 AXUDA
BALNEARIO DE CARBALLO
CARBALLO
GRUPO I – HOTEL DÚAS ESTRELAS
RENOVACIÓN Y MODERNIZACIÓN DE LAS INSTALACIONES
39.964,07 €
19.982,04 €
O SEMÁFORO
FISTERRA

HOTEL 2 ESTRELLAS SUPERIOR

RENOVACIÓN Y MODERNIZACIÓN DE LAS INSTALACIONES HOTEL O SEMÁFORO FISTERRA

29.118,13 €

17.470,88 €

CABAÑAS DE LIRES
CEE
APARTAMENTOS TURÍSTICOS 3 CHAVES
26.835,92 €
10.734,37 €
HOTEL LA MARINA
CEE

HOTEL 2 ESTRELAS SUPERIOR

MEJORA DE LA CLIMATIZACIÓN Y EL AHORRO ENERGÉTICO – (INSTALACIÓN CLIMATIZACIÓN)

85.669,21 €

34.267,68 €

4
     
181.587,33 €
82.454,97 €
 
 
RESTAURANTES
 
NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
TIPOLOXÍA ESTABLECEMENTO
OBXECTO
 GASTO SUBVENCIONABLE
 AXUDA
RAXERÍA RÍO SIL
CARBALLO
RESTAURANTE – CAFÉ BAR-HOTEL

IMPLEMENTACIÓN MEDIDAS AFORRO ENERXÉTICO, INSTALACION PLACAS SOLARES E BOMBAS DE CALOR DE AEROTERMIA

       62.518,50 €
   25.007,40 €
O CENTOLO
FISTERRA
RESTAURANTE

MAQUINARIA DIVERSA PARA A MELLORA DO RESTAURANTE

       30.340,00 €
   12.136,00 €
LA BAYONNAISE 1803
FISTERRA
RESTAURANTE
ADQUISICIÓN CAMPANA E OBRA ( TEITO E CHAN)
       35.967,03 €
   14.386,81 €
O FRAGÓN RESTAURANTE
 
FISTERRA
 

RESTAURANTE

 

ACONDICIONAMENTO INTERIOR E EXTERIOR DO ESTABLECEMENTO

 
   26.054,80 €
 
   10.421,92 €
 
4
     
     154.880,33 €
 61.952,13 €

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/09/2023