A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático reuniuse hoxe coa entidade

A Xunta e a Federación Galega de Estacións de Servizo colaborarán na implementación de prácticas sostibles no sector

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

A Xunta de Galicia explorará xunto á Federación galega de estacións de servizo (Fegaes) novas vías de colaboración para a implementación de prácticas sostibles no sector.

Así o acordaron hoxe Sagrario Pérez e os representantes da asociación, entre os que se atopaba o seu presidente, Julio César López, nunha reunión na que ademais abordaron outras cuestións, como os mecanismos e medidas que poderían adoptar para o mantemento de gasolineiras no rural.

Durante a xuntanza, a directora xeral aproveitou para agradecer ao colectivo o seu interese e a participación activa nas políticas medioambientais galegas, comprometéndose a valorar as súas demandas e lembrándolle tamén que a Unión Europea vai dispor de axudas para impulsar proxectos en favor do solo san ás que a organización podería acollerse.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/09/2023