A Xunta aborda con Endesa os proxectos da compañía en Galicia vinculados á transformación das Pontes

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co director territorial da zona noroeste de Endesa, Miguel Temboury, con quen abordou a situación dos proxectos que a compañía prevé desenvolver nas Pontes que son clave para a transformación industrial da comarca.

Logo de que o Goberno autorizase o pasado mes de agosto o peche definitivo da central térmica, Lorenzana compartiu cos responsables de Endesa a necesidade de que o proceso de desmantelamento da factoría vaia acompañado de certezas a nivel laboral, nos prazos e na execución e viabilidade dos proxectos renovables previstos na zona para que, verdadeiramente, teña lugar unha transición xusta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/09/2023