A Xunta inviste case un millón de euros nas obras de mellora do IES de Elviña para renovar a cuberta e as fachadas e para a cubrición do campo de fútbol

O delegado da Xunta explicou que con esta actuación renovouse a cuberta do edificio e a pintar a fachada

A Coruña, 7 de setembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou esta mañá as obras que se está a levar a cabo no IES Elviña nas que a Xunta de Galicia está a investir case un millón de euros.

As obras que se van a executar contemplan por una banda máis de 440.000 euros para levar a cabo a cubrición da pista de fútbol para contar cunha pista polideportiva cuberta para o uso de toda a comunidade educativa dando así resposta á demanda do equipo directivo do centro para optimizar o uso dos espazos disponibles.

Trenor lembrou que neste centro tamén se levou a cabo outra actuación de máis de 510.000 euros para a substitución da cuberta do tellado, a impermeabilización de terrazas interiores e a reparación das fachadas exteriores. En paralelo estase levando a cabo unha habilitación de espazos docentes no interior e modernización das aulas existentes.

O representante do Goberno autonómico puntualizou que con este tipo de actuacións o Goberno autonómico está a traballar para transformar e adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais “facéndoos máis confortables, seguros e sostibles”.  

Neste senso, engadiu que, “dende a Xunta seguimos reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”.

Trenor lembrou que todas estas actuacións inclúesen dentro do estacou do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incrementa un 27% o seu orzamento ata os 243 M€ para atender as necesidades de modernización dos centros. Esta folla de ruta de mellora dos centros foi aprobada no ano 2021 cunha inxección inicial de 191 M€ e agora amplíase noutros un 52 M€ adicionais. Nela inclúense todas as intervencións que se fan nos centros escolares co fin de que estean mellor acondicionados, máis implicados coa educación dixital e as novas metodoloxías, máis sustentables e máis confortables para alumnado e profesorado.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/09/2023