A Xunta apoia o concerto de ‘La Penúltima Sabinera’ o vindeiro sábado no Club Fluvial de Lugo

Lugo, 6 de setembro de 2023
 
A Xunta de Galicia colabora co Club Fluvial de Lugo para organizar o concerto que ofrecerá o grupo La Penúltima Sabinera o vindeiro sábado, 9 de setembro, nas instalacións da entidade. Será a partir das 21.00 horas.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza co vocalista da formación, Carlos García-Boente, e con directivos do club. Arias explicou que a Xunta apoia en toda a provincia iniciativas culturais e lúdicas “que apostan pola calidade e descentralizan a oferta de actividades”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2023