O pintor José María de Urda expón desde onte a súa obra na Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 5 de setembro de 2023

A Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de pintura, “Rutas de color, pinceladas de vida” de José María de Urda.

 

A inauguración desta exposición contou coa presenza de Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta na Coruña.

 

Durante a súa intervención, Trenor agradeceu ao artista o seu interese por mostrar a realidade paisaxística de Galicia, outorgando especial importancia á cidade de A Coruña , á que dedica boa parte da súa obra. O delegado da Xunta non deixou pasar por alto o reflexo dun realismo paisaxístico que mostra a historia compartida e a cultura, e lembrou como ao ver esas imaxes, desde hoxe expostas na Casa de Galicia, fai que “poidamos case tocar eses lugares”.

 

Previa á intervención de Trenor, Vicente Gamarra, antigo Xefe da oficina de orzamentos do Congreso dos Deputados, fixo un repaso pola vida do artista destacando a súa calidade como pintor.

 

Pola súa banda, Urda agradeceu ao numeroso público que se interesou pola súa obra a asistencia ao acto. O artista explicou con detalle o porque da súa obra, e mesmo se detivo na explicación dalgún dos seus cadros. Tivo por último, palabras de agradecemento cara á Xunta e á Casa de Galicia por brindarlle a ocasión de dar a coñecer algúns dos seus cadros nun lugar tan emblemático de Madrid.

 

A exposición “Rutas de color, pinceladas de vida” poderá visitarse na sala Álvaro Cunqueiro, da Casa de Galicia en Madrid até o próximo 29 de setembro, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/09/2023