Diego Calvo participa en Baiona na entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe en Baiona na entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, nun acto enmarcado no 38º Trofeo Príncipe de Asturias. Creados hai 31 anos, os galardóns recoñecen o labor de institucións e persoas a prol do mundo da vela, así como os seus valores humanos e deportivos. Diego Calvo entregou o premio á mellor carreira deportiva a Fernando León, un dos regatistas máis laureados da vela española.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/09/2023