A Xunta pon en valor o II Festival Céltico de San Amaro como xeito de lembrar o patrimonio cultural galego

San Amaro (Ourense), 2 de setembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta tarde ao xantar do II Festival Céltico no concello San Amaro. Trátase da segunda edición dun festival que reivindica e lembra as raíces dos antepasados de San Cibrao de Las, un enclave de referencia a nivel histórico e cultural, xa que é o castro con maior superficie escavada de toda a provincia de Ourense.

 

Alí, o conselleiro puxo en valor a importancia de lembrar e conservar o patrimonio cultural conmemorando o pasado castrexo que tanto caracteriza á nosa comunidade. Ademais, agradeceu esta iniciativa que mestura cultura e tradición.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/09/2023