A Xunta e a Asociación Xuvenil os Gaiteiros de Vilar de Barrio colaboran para dinamizar a localidade

Vilar de Barrio (Ourense), 24 de agosto de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, reuniuse coa Asociación Xuvenil Os Gaiteiros de Vilar de Barrio para avanzar na colaboración da Xunta de Galicia coas actividades desta entidade na localidade limiense.

A Xunta leva anos apoiando as iniciativas desta asociación ao abeiro do programa Iniciativa Xove. Esta agrupación local desempeña un papel fundamental na dinamización cultural, festiva e lúdica deste municipio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2023