O delegado territorial visita a humanización da contorna do Peto de Ánimas en Cerdedo-Cotobade

As obras realizadas grazas ao apoio da Xunta permitirán empedrar, crear unha senda de formigón e mellorar as redes pluviais
 

Cerdedo-Cotobade, 1 de setembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as obras de humanización da contorna do Peto de Ánimas no concello de Cerdedo-Cotobade.

A obra foi posible grazas a unha inversión da Xunta de preto de 48.000 euros, que permitiu mellorar a contorna da capela e a fonte que se atopan nesta zona. Empedrouse a zona da fachada e o lateral da capela e dotouse dunha senda de formigón gris, ademais de renovar as redes pluviais.

Acompañado polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, Reguera destacou os bos resultados que xa se observan nas obras e mostrouse sorprendido polo o aproveitamento Do lugar que agora “ten un aspecto renovado e moito máis confortable para toda a veciñanza” e engadiu que “de seguro combinará coa contorna deste conxunto etnográfico da Capela do Carme e o Mercado de Cuspedriños”.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2023