A Xunta achega os oficios tradicionais galegos na 41ª edición do Festiletras

A Fundación Artesanía de Galicia colabora co evento que se celebra desde hoxe e ata o domingo na aldea do Couto, en Ponteceso, coa organización dun obradoiro participativo de cestería

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

A Xunta de Galicia participa, un ano máis, na Feira de Artesanía que a aldea do Couto, en Ponteceso, celebra desde hoxe e ata o domingo no marco do evento Festiletras que cumpre a súa 41ª edición. Deste xeito, volverá achegar os oficios tradicionais a todos os asistentes.

En concreto, Julia de la Cal impartirá un obradoiro participativo sobre cestería en horario de 11,00 a 18,00 horas. Aplicará a cestería intuitiva, unha técnica de tecido ao azar, tamén chamada técnica niño, pois está inspirada na natureza -en como os paxaros tecen os seus niños-. Todas as persoas poderán achegar o seu grao de area, sen precisar coñecementos previos e, así, ser quen de tecer e entrelazar varas de vimbio entre todos os participantes.

A actividade está dirixida tanto a público adulto como infantil para trasladar aos visitantes o saber facer do sector artesán galego e contribuír á difusión do valor engadido dos produtos artesanais.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/09/2023